18/1/12
GASTRONOMÍA PARA A PAZ
Os días da Paz deben servirnos para recordar o deber que todos e todas temos de convivir en igualdade plena e efectiva de dereitos e oportunidades e de que , a cooperación , o labor compartido en equipo e a actitude comprometida cos outros , son modos esenciais para conseguilo .
Desde a nosa BiblioBrey propoñémosvos que co gallo do día da Paz , compartamos o noso compromiso e cooperemos para confeccionar un libro de aula para o noso disfrute , alimento e convivio : un libro de comidas e bebidas ……..
Con este libro de pratos e bebidas para a paz podedes todas e todos aproximarvos do vocabulario específico de asados e cocidos facendo que o libro de texto sexa por uns días o manual máis universal de todos : o de receitas de cociña .
E sendo por iso , un manual , o usedes desde o mesmo instante que o acabedes . Podería ser como un contrato do que un se compromete a ser, estar e facer o …
Contrato gastronómico para a Paz
Desde o próximo día 23 poderase dar a coñecer a todos os viciños as distintas receitas.
Con máis ou menos discurso de letras e con máis ou menos de debuxo : como o sal , ao gusto .
Exposición gastronómica para a Paz
Que se lean ben os ingredientes do prato por favor , así como , con atención , indiquedes as cantidades de cada un .
Para evitar que un despiste de científicos alborotados faga que se nos vaia a man , amig@s proveito e compañeir@s sexamos clar@s e precis@s na explicación de como facer a preparación .
Bo proveito pacífico!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario