5/4/11

VISITA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Onte visitounos o escritor Antonio García Teijeiro, co que os nenos e nenas de 5º e 6º de EP compartiron momentos moi especiais. Primeiro visitou a nosa biblioteca donde asinou no libro de visitas e tamén algún exemplar que gardaremos como un tesouro.Antes de empezar co acto paseou polos corredores lendo tamén as poesías feitas polos rapaces e rapazas do cole.
Contounos moitas cousas interesantes sobre a súa vida e sobre a poesía. Tamén falamos dos seus poemas, algúns dos cales, foron escenificados e recitados e outros incluso ilustrados.
Rematou o acto cun xogo de memoria e coa lectura dun poema do seu último libro.
Convidounos a seguir facendo poesía.

MOITAS GRAZAS, ANTONIO!!

Deixámosvos esta pequena reportaxe:

1 comentario:

Leo dijo...

Envidio a eses rapaces e rapazas por ter o placer de vivir a poesía en directo. Porque iso é Antonio.
Parabéns ós chavales por ter a Antonio e viceversa.