De tanto cantar e xogar todo o día , a nena cando chegaba a noitiña non podía co seu corpo. Os pais tampouco pero a eles aínda lle quedaban un último traballo pedirlle  aos gatos, ao cabalo, ao galo, as galiñas…que se fosen deitar para que “Colorín” collese o sono.Porque ela non quería durmir mentres estivesen despertos os animais que lle puñan medo e os que a facían rir.
O año pitaño
vai no paraño.
A cabuxa luxa
marchou onda a bruxa.
O gato cegato 
fuxiu ao burato.
O coello vello
anda no cortello. 
O galo ralo 
rubiuse no valo,
i a galiña tiña
está na cociña.
Anda neniña
 déixaos estar
 e imos brincar
coas cunchas do mar.

(Poema ilustrado polos alumnos e alumnas de Educación Infantil)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario