9/2/08

A ESCOLA NO TEMPO E NO MUNDO


Este é o título do proxecto proposto como marco das actividades que levaremos a cabo dende este trimestre.

Queremos que coñezades as situacións de desigualdade que se vive dependendo da
época ou sitio no que se nace.

Actualmente, máis de 120 millóns de nenos ven denegado o seu dereito a asistir á escola e recibir educación, deles máis da metade son nenas. A educación é vital non só para que os nenos aprendan, senón tamén para que poidan levar unha vida plena e independente. As nenas que non acoden á escola perden oportunidades durante o resto da súa vida.

O acceso á educación brinda beneficios a todas as familias, ás comunidades e á sociedade enteira.

Dende este blog iremos propoñéndovos lecturas ou actividades relacionadas co tema.

Hoxe queremos presentaros a Maíto, un neno xitano que se comunicaba co seu pai por debuxos porque non sabía ler.Se queres saber máis sobre o libro visita o noso CLUB DE LECTURA

No hay comentarios: