4/11/07

OS MEGATOXOS NO CLUB DE LECTURA


Este ano iniciamos unha nova andaina dende a biblioteca, a creación do Club de Lectura.
Queremos escoitar as vosas opinións e reflexións sobre os libros lidos.

O LIBRO DO MES

OS MEGATOXOS,
de Anxo Fariña

Cando Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa comezan este curso, apenas se coñecen. Mais un incidente fará que as súas vidas cambien. Decataranse de que teñen máis cousas en común que asistiren á mesma escola.
Estraños poderes, aventuras e misteriosos encontros. Todo iso mesturado nunha viaxe polo tempo, na procura de respostas, na terra dos seus antergos... os celtas

Anímate a ler este libro, do que che iremos ofrecendo máis información e actividades ao longo de todo o mes de novembro.

O 3 de decembro teremos unha sesión aberta do Club de Lectura para charlar e compartir comentarios sobre este libro, no recreo.

¡Ven á biblioteca a buscar o teu ejemplar!

No hay comentarios: