28/5/09

BALA PERDIDA ATRACOU NA NOSA BIBLIOTECA




Hoxe celebramos unha nova xuntanza do Club de Lectura, co tradicional bizcoito de chocolate. Durante este mes Bala Perdida, Rai e Rosa compartiron as nosas vidas. Hoxe xuntámonos para falar deles, das súas aventuras e dos seus sentimentos, se queredes saber máis podedes visitar o blog do noso Club de Lectura.

BLOG DE INFANTIL

Hoxe queremos invitarvos a visitar os blogs das aulas de Educación Infantil, un excelente traballo levado a cabo polas profesoras.Unha iniciativa que tomaron este grupo de mestras co desexo que disfrutedes del , e asegúrovos que creado con moito cariño e ilusión.

Clicade na foto para poder acceder a él.


27/5/09

LENDO TEATRO



Un ano máis estamos preparando a mostra de teatro que terá lugar na vindeira semana. É un bo momento para coñecer algúns dos libros de teatro que temos na biblioteca, cos que preparamos unha pequena exposición.