16/11/09

CHEGOU PAULA CARBALLEIRA








Hoxe tivemos a grandísima sorte de contar coa escritora Paula Carballeira.
Foi impresionante chegar á clase de 4ºB con ela, dos que representaron a súa obra "O Lobishome", e de súpeto oír berraren a todos:Paula!!. Quedei sen palabras ao ver as súas caras de entusiasmo. Non a presentamos, porque sentimos que sabían todos eles máis dela ca nós. Era de verdade!!!

Todo foi moi doado porque Paula é unha persoa moi sinxela e próxima.
Despois tivo a xuntanza co club de lectura e ao final pasamos ao ximnasio onde lle fixemos un pequeño acto, con recitado de poesías dela, pequena escenificación da obra de “O Lobishome”e algunha sorpresa máis . Cando rematou, pedimos que nos contase un conto.. É incrible como nos emocionou!


Grazas Paula por contaxiarnos do teu amor polas palabras e polos libros.



15/11/09

PIRATAS NA BIBLIOTECA


Durante estas semanas poderedes disfrutar dunha nova selección de libros.Zarparemos tratando de vivir novas aventuras cos piratas!!!
Don Moucho xa está vestido para tomar o timón e surcar os mares.

Asegurámosvos diversión a babor e estribor.


Non volo verdades!!!





Por se vos queredes ir ambientando aqui tedes esta canción




14/11/09

HAI AUGA NA LÚA

A NASA acaba de confirmar que hai auga na lúa, unha cantidade importante de auga conxelada nun cráter.

“Encontramos agua y no solamente un poco, sino una cantidad importante”, indicou nunha conferencia de prensa Anthony Colaprete, responsable científico da misión LCROSS (Lunar Crater Observation and Sensing Satellite).

Atopar auga na lúa foi posible gracias á misión LCROSS, que consistiu en bombardear o pasado 9 de outubro un foguete no cráter Cabeus, preto do polo sur da Lúa, para logo poder observar o seu interior.

Se queredes ver as imaxes podedes ver o seguinte vídeo.