Polo Samaín vimos organizando dende a biblioteca o certame de relatos de medo. Pero queríamos facer tamén partícipes aos máis cativos desta festividade dándolle unha proposta nova:
QUE ME DA MEDO?
Oobxectivo desta actividade era identificar e recoñecer os propios medos. Cada neno escribiu e debuxou o seu medo particular. Os máis comúns foron: ás bruxas, á escuridade, ás arañas, aos lobos, crocodilos, leóns, pantasmas, vampiros e monstros.
Chega o mes de novembro e os rapaciños e rapaciñas que agora están en 2º D fixeron unha ilustración moi bonita o curso pasado, adicado á parroquia de Moreira que neste mes celebra a súa festa.
PARA SER BRUXA TERRIBLE
(ADAPTACIÓN do poema de Carmen Gil, www.poemitas. com)
Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible,ible ( poñer voz misteriosa)
Ser unha bruxa malvada
e nunca lavarse a cara.
Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible,ible
É ser perversa e malvada
odiar moito a calquera fada
por ridícula e empalagosa,
sempre vestida de rosa!
Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible,ible
Ter o naris encarnado
longo e cunha gran verruga.
e ser máis fea que Picio,
pois o precisa o oficio!!
Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible,ible
Ter fétido o alento,
moi negra a dentadura
e levar cuberto o corpo
cunha gran túnica escura.
Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible,ible
Ter un sorriso horroroso,
a pel áspera e verdosa,
cara de astuta e bribona
e os pelos coma os da fregona.
Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible,ible
Non moverse nunca a pé
sacarse pronto o carné
viaxar a todas horas
en vasoiras voadoras.
Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible,ible Importante o capirucho
con forma de cucurucho
e por cara de enfadada
para parecer moi mala.
E xa para rematar requisito imprescindible será?
pasalo estupendamente
chinchando moito á xente!!!
Este blog nace ligado á biblioteca do noso centro coa única pretensión de ser unha ferramenta útil ao servizo de toda a comunidade educativa.Neste espazo dixital aparecerán as actividades da nosa biblioteca, recomendacións sobre libros, orientacións para as familias, direccións de páxinas webs interesantes...