7/10/09

RECICLANDO



Como xa ben sabemos o Colexio ten en marcha un programa de Concienciación Ambiental e de Reciclaxe, polo que se colocaron nas distintas dependencias e aulas do centro, unha serie de contenedores para a recollida selectiva de lixo.

Os membros do grupo AMA son os encargados de orientar aos seus compañeiros na hora do recreo sobre cómo reciclar axeitadamente e en qué contenedor teñen que depositar o brik do zumo, papel de aluminio... Así deste xeito, entre eles mesmos vanse concienciando da necesidade de separar os residuos.
Hoxe fannos chegar estas imaxes para que non vos confundades na selección:








¡Entre todos, podemos!


6/10/09

GARDIÁNS DO MEDIOAMBIENTE





Diapositiva 5
Tarda en marcharse este ano o verán pero a Natureza segue o seu camiño, as follas das árbores xa comezan a encher o patio e o traballo que desenvolvades será fundamental para mantelo limpo. Moi importante é tamén que saibades que @s vos@s respectiv@s titor@s eleborarán unha lista de voluntarios para ser de A.M.A.. Posteriormente faremos unha xuntanza e decidiremos as quendas de recreo para todo o equipo que formedes @s “gardiáns do medioambiente”.
•Non esquecer os obxectivos que se plantexaban na anterior carta. Que todo sexa por millorar.
•Por último dicirvos que deseñaremos un carnet personalizado para cada un de vós, traede unha foto pequena @s que desexedes.
•
Ata moi pronto!










CALENDARIO ILUSTRADO DE OUTUBRO




“Polo Pilar
buxainas a xogar”!!!.

Esta é a proposta que fai
o alumnado de Infantil
para o mes de outubro
na súa páxina do calendario.

Que vos parece?
Farémoslle caso...e
recuperamos este xogo
neste tempo de outono?

Ademais hai outro dito
moi coñecido,
que a ver si sabedes completar:
“Polo San Martiño
..............................!!!