3/10/09

POEMA PARA O OUTONO

Xa chegou o outono coas súas fermosas cores e perfumes. Vermello, amarelo, laranxa, marrón…son as cores coas que se visten as nosas árbores nesta estación.Baixo os nosos pés exténdese unha alfombra que cubre o chan e que vai acompañando os nosos pasos dunha música especial.

O outono é unha estación que inspirou a moitos escritores, pintores e músicos, polo que ten de nostalxia, de melancolía, de saudade... e, como exemplo, aquí tendes un poema.


VÉN ONDA NÓS O OUTONO


Vén onda nós o outono

dacabalo do aire;

nos camiños da fraga

os ourizos xa abren.

Síntoo chegar contento

da eterna viaxe

enredando entre as follas

estreando friaxe.


Ana Mª Fernández







27/9/09

POSTA EN MARCHA DO CLUB DE LECTURA



O xoves 1 retomaremos as xuntanzas do CLUB DE LECTURA.
Estamos traballando na selección dos libros, e pasaremos polas clases para anotar aos que queirades entrar nel.
Esta primeira xuntanza será para vernos, e presentarvos as propostas dos libros.


Logo haberá unha reunións mensual.Leremos un libro ao mes, sempre que sexa posible.

En cada reunión comentaremos o libro.

As reunións serán na biblioteca, e na hora do recreo co bizcoito de chocolate incluído.A non ser outro tipo de actividades que sería fora do horario escolar.

Para formar parte do club, terás que estar en 5º ou 6º de Primaria, e ler o libro.

Se queredes ver como foi o club o pasado curso podedes clicar no seguinte enlace.







23/9/09

LUME NOS CONTOS


NIÑO. Si tú me quemas el bosque,
habrás quemado mis cuentos.


NIÑA. Los cuentos que cada tarde
me contaban mis abuelos:
el cuento de Blancanieves
y los enanos traviesos.


NIÑO. El cuento de los cerditos
y de Hans el Escudero;
el cuento del hada buena,
y el cuento del gato ciego.


NIÑA. El cuento de aquella bruja
que dormía en su sombrero.


NIÑO. Caperucita y el Lobo...

NIÑA. La abuela y el Pato Feo...

CORO DE NIÑOS. Si tú me quemas el bosque,
¡habrás quemado mis sueños!
Habrás quemado las hojas
de todos, todos mis cuentos.



JOSÉ GONZÁLEZ TORICES
Cuatro estaciones.Teatro para niños.

Nesta poesía fálase da quema dos bosques.

¿Sabedes que un de cada 5 árbores talados utilízase para fabricar papel?

Se aforramos papel podemos frear a tala de árbores . ¿Como facelo?

  • Escribe polas dúas caras dos folios
  • Non leves para casa publicidade que logo tirarás á basura
  • Ten na casa un cubo para papel e cartón...

Entre todos podemos conseguir un mundo mellor.