16/9/09

CARTA DO XEFE INDIO SEATLE

Despois de 150 anos a mensaxe da carta do Xefe Indio Seattle ao presidente dos Estados Unidos de Norteamerica, segue estando vixente .
Carta que enviou en 1855 en resposta á oferta de compra das terras dos Suwamish no noroeste dos Estados Unidos, o que agora é o Estado de Washinton. Os indios americanos estaban moi unidos á súa terra , é máis, pensaban que a terra era a dona dos homes. Está considerada como "a declaración máis fermosa e profunda que xamáis se fixo sobre o medio ambiente"
Disfrutade escoitando e vendo este vídeo.



15/9/09

AS BOLSAS DE PLÁSTICO PASARÁN Á HISTORIA

Este ano co noso proxecto convertirémonos en defensores do medioambiente, xa eramos pero durante este curso máis.

Hoxe querémosvos falar sobre as bolsas de plástico. O emprego desmedido que facemos delas e dos problemas ambientais que provoca.

Con cada compra utilizamos bolsas novas (5 ou 10 minutos). Pouco uso comparando coa materia prima e a cantidade de enerxía que se consume para a súa fabricación.
Cunha soa bolsa que reutilicemos ao día conseguiremos reducir o risco de contaminación e de ameaza para as especies animais.

Invitámosvos a ver este vídeo para que o entendades máis claramente.


8/9/09

COMEZAN AS CLASES


Despois dete paréntese vacacional, estamos de novo de volta , con renovadas forzas, con entusiasmo e con moitas novidades .

O curso pasado o noso proxecto tiña por tema"As escolas e festas noutros lugares"este ano seguiremos lendo NATURALmente, aprendermos moitas cousas sobre a natureza.