10/12/08

10 DE DECEMBRO: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS


Hoxe celebramos o 60 aniversario da Declaración do Dereitos Humanos. Estos seguen incumplíndose en moitos lugares do mundo.
Amnistía preparou este vídeo, que nos chegou vía Un rato na biblioteca, para conmemorar este aniversario e lembrar que todavía queda moito por facer.


Se queredes saber máis sobre a Declaración dos Deretitos Humanos podedes visitar os seguintes enlaces:

Dereitos humanos

9/12/08

4ª XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA



Non vos olvidedes que mañán e pasado nos volvemos a xuntar para falar dos libros. Agora tocaralle ao primeiro grupo falar sobre "Os Megatoxos e a espada esmeralda" e ao segundo sobre "La canción de Amina".

E se queredes entrar no Blog dun destos libros para deixar comentarios ou opinións clicade neste enlace:

"OS MEGATOXOS"

Esperámosvos!

Non faltedes á nosa cita!


8/12/08

UN LIBRO POLO NADAL ( I )







Un ano máis abrimos as portas da nosa biblioteca coa exposición de novidades
dalgunhas editoriais.Como sabedes esta actividade está incluída dentro da nosa campaña "Un libro polo Nadal".Durante toda a semana podedes aproveitar para visitala, e os martes pola tarde traer ás vosas familias para xuntos escoller posibles títulos para incluir na vosa lista de agasallos.

Esperámosvos!!!