5/12/08

UN REPASO AO NADAL



Sí, sí, xa sabemos que o Nadal xa está chegando. Pero o que quizáis non saibades é que non se celébra do mesmo xeito en todo o mundo. Imos dar un paseo polo mundo para coñecer as curiosidades desta festa.
En España estabamos acostumados a que nos trouxeran os agasallos os Reis Magos, o mesmo que nalgúns países de América Latina. Pero nestas últimas décadas Papá Noel tamén aparece repartíndonos os seus agasallos, como no resto do mundo. Eso sí, non sempre se chama Papá Noel.

• Santa Claus , en Estados Unidos, Colombia , México e máis paises
• Father Christmas en Inglaterra
. Père Noël, en Francia
• Viejito Pascuero en Chile
• Nikolaus, en Alemania
. Sinterklaas, en Holanda
• Babouschka, en Rusia

En Italia é unha bruxa chamada Befana quen visita as casas para encher os calcetíns, colgados polos nenos e nenas esa noite, se foron bos con caramelos e chocolatinas, pola contra se foron malos con carbón (formado en realidade por dulces de cor e forma parecida ao carbón). Aquí en España tamén hai máis tradicións: en Cataluña, os agasallos os trae o Tió, e en Euskadi é o Olentzaro. Si queres saber máis sobre estos personaxes podes facer click sobre as fotos.

3/12/08

3ª XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA




Non vos olvideses que esta semana vólvese a reunir o Club de Lectura no recreo.
O primeiro grupo, o mércores 10 e o segundo ,o xoves 11.
Agora serán os primeiros os que falen do libro "Os Megatoxos" e os segundos sobre "A canción de Amina"
Xa sei que ademáis do que imos falar tamén estades pendentes do bizcoito de chocolate, non vos preocupedes que non faltará. Levaremos a receita para que aproveitedes o Nadal para facelo nas vosas casas.
¡Ah! Preparadevos que teremos que practicar esta reggueifa que nos chegou dende O Segrel do Penedo:

A este Club de Lectura
rapaces van máis de oito
que rematan a xornada
comendo un gran biscoito.


Comendo un gran biscoito
eu ben quería estar
en vez de pasar a tarde
sen deixar de estudar.

Non deixar de estudar
eo que debedes facer
se chegado o mes de xuño
non queredes suspender.


1/12/08

II CERTAME DE CONTOS DE NADAL


Chega o Nadal, as luces, os turróns, as festas, os agasallos, as celebracións... pero tamén o "II CERTAME DE CONTOS DE NADAL".

Deixa voar a túa imaxinación e presenta o teu conto , xa que o plazo de entrega termina o día 12 de decembro. Seguro que xa tes unha idea da que vas escribir, colle papel e lápiz e empeza xa.


¡ Esperamos con impaciencia os vosos contos !