2/10/08

TEMPO DE OUTONO


Chega o “Tempo de outono” e o noso cole, prepárase para mostrar a gran variedade de froitos que a natureza ofrece no noso entorno .

Agardamos que todas e todos colaboredes na montaxe desta exposición que cada ano fai que recibamos a esta estación cos brazos abertos !!

Ademáis estamos desexando ver as bonecas e xoguetes que ides facer coas espigas de millo, seguindo os consellos dos vosos maiores!! .


De seguro que “molarán”!!


Ánimo, Participa !!


1/10/08

OUTUBRO, MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Por primera vez, Outubro é o Mes Internacional da Biblioteca Escolar. En Xaneiro aprobouse o cambio do Día internacional polo do mes internacional. Así, os responsables das bibliotecas escolares poderemos elexir o día deste mes que mellor se adapte ás nosas necesidades. O lema escollido para este ano é "A alfabetización e aprendizaxe na biblioteca escolar".
Seguro que todos os responsables galegos xa temos en marcha moitas actividades, para este e os meses seguintes.

30/9/08

PRESENTACIÓN DO CLUB DE LECTURA


Poñemos en marcha de novo o noso Club de Lectura. Sabemos que moitos disfrutades cos libros, así que esta actividade axudaravos a disfrutar aínda máis.
Se queredes participar esperámosvos este venres no recreo, na biblioteca.
Terás algo máis que compartir cos teus compañeiros.


¡¡Apúntate!! ¡¡Non te quedes fóra!!