Hoxe comezamos coas visitas dos de primeiro para asistir a unha sesión explicativa sobre a organización, contidos e funcionamento da biblioteca.
Tratáronse os seguintes aspectos:
- Situar e identificar a biblioteca no centro.
- Coñecer os diferentes espacios e a organización da biblioteca.
- Distinguir os diferentes soportes documentais dispoñibles (cd, libro, revista...).
- Distinguir a cor dos seus libros e estantería.
- Coñecer e respetar as normas sinxelas de comportamento e uso .
- Manipular os libros axeitadamente.
- Iniciar no hábito do préstamo individual
Que atentos estaban!
