23/4/07

SEMANA DO LIBRO




Con motivo do Día do Libro decidimos adicar esta semana a tal conmemoración programando diferentes actividades:




  1. Exposición de libros feitos por eles ao longo de todo o curso.Será visitada polo alumnado e polas familias.

  2. Recitado de Poesías polas clases, os maiores aos pequenos e os pequenos aos maiores

  3. Visita do ilustrador Anxo Fariña.O alumnado estivo preparando esta visita durante estas semanas, lendo os seus libros ,estudando as súas ilustracións, escribindo poesías sobre a súa vida e obra ¡incluso rapeadas!, preparando murais...

  4. Visitas á Biblioteca Municipal.O ano pasado foi todo o colexio a visistala por iso este ano decidiuse facela só cos de Educación Infantil de 5 anos e 1º de Primaria.

  5. Lectura de contos do mundo, para seguir traballando o tema da interculturalidade, e debuxos sobre as escenas que máis lles gustaron sobre estos.

  6. Homenaxe a todos os pais, nais e avos que nos viñeron a falar dos seus países .


Iremos contándovos sobre estas iniciativas pouco a pouco dende aquí, e para celebrar hoxe este día deixámosvos cunhas palabras de Miguel de Cervantes:

"...el que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho..."

13/4/07

FOMOS AO TEATRO



Hai unhas horas fomos ver unha obra de teatro, regalo da nosa ANPA. “O Rei dos Mares” foi representada polo grupo Thepinga teatro.É a historia de Quintiño, un neno
moi imaxinativo.Unha das cousas que máis lle gusta é pasar a fin de semana cos seu avó e navegar no seu barquiño.Pola noite o seu avó cóntalle historias.Quintiño pecha os ollos, ao tempo que se embarca nunha viaxe , no seu barco de papel ,ao mundo dos soños;no océano infinito da imaxinación, aparecen dúas illas: a dos “Felices soños” e a dos “Pesadelos”. Grazas aos seus amigos consigue vencer a Pesadelo e as Latosas.

SESIÓNS DE CONTACONTOS

Fai uns meses visitounos Benxamín para contarlles historias e ilustralas ao noso alumnado de Educación Infantil. Moitas delas xa as tiñamos na nosa biblioteca. Deste xeito eles puideron volver a velas nas ilustracións dos libros.Servando Barreiro ,co seu acordeón, tamén estivo con nós cantando e contando historias coas que todos disfrutamos, tanto os pequenos coma os maiores. Ensinounos que as historias taménse poden cantar.