28/2/11

PALABRAS NO AR



O noso alumnado de 4º e 6º veñen de participar, a pasada semana, nos obradoiros de oralidade e de escrita creativa que Kalandraka desenvolveu no Biblioteca Municipal para o programa Bocaberta, dentro da campaña PALABRAS NO AR.

PALABRAS NO AR ten como principal obxectivo fomentar e reforzar o uso da lingua galega, especialmente no eido das tecnoloxías da información. O coñecemento e posta en valor da nosa rica tradición oral, estimular a creatividade e a sensibilidade tanto no plano literario como no plástico e musical . KALANDRAKA tampouco renuncia á achegarlles aos máis cativos a lectura en galego como pracer e goce contribuíndo a que estimen as producións orais, literarias, plásticas e musicais como un prezado ben cultural.

Se queredes saber máis do que alí aconteceu visitar o seu blog , pero para entrar en fariña... aquí tedes este resumo en imaxes.


ORDES DO MECO




XA CHEGOU O ENTROIDO E CON ÉL O MECO E AS SÚAS PRIMEIRAS ORDES . TODOS A CUMPRILAS SE O QUEREDES PASAR BEN.

Non vos esquenzades :

  • MARTES moi ledo virás, e algo na cara pintarás
  • A túa cabeza adornarás, e algo divertido, o MÉRCORES traerás.
  • Para tomar a merenda cos teus amigos, o XOVES terás que vir vestido, co teu disfraz preferido.

VIVA O ENTROIDO!!

6/2/11

RECEITAS PARA UN MUNDO MÁIS DOCE

Outra das actividades que se levaron a cabo, co motivo do Día da Paz, foi a elaboración de receitas para conseguir entre todos un MUNDO MÁIS DOCE.
Aqui deixámosvos unha pequena mostra.


AS ÁRBORES DA PAZ

Dende que nos visitou Anxo Moure estabamos desexando ler "As árbores da PAZ", un dos contos que él nos deu a coñecer. Que mellor momento que lembralo nestos días que a palabra PAZ non parou de soar nos nosos oídos.
Deixámosvos unha pequena mostra dalgúns dos debuxos que fixeron despois de escoitar o conto.




Non vos olvidedes das instruccións de Anxo para plantar as árbores da paz:
  1. Collemos unha semente que se chama XUSTIZA.
  2. Regámola cunha palabra que se chama SOLIDARIEDADE
  3. Abrazámola cun sentimento que se chama TENRURA
Unha vez seguidads estas instruccións poderedes comprobar como medran as árbores da PAZ.