
Hoxe recomendámosvos este precioso libro no que o autor non precisa de palabras para expresarse.
A través dunha serie de imáxes enlazadas, conta a historia dun emigrante que deixa o seu país en penosas circunstancias, ata chegar a unha nova cidade e aprende cómo vivir nesta.
O personaxe abandona o seu país de orixe en busca dun futuro mellor noutras terras, viaxando en barco xunto a persoas na súa mesma situación. Pero, ao chegar, atópase cun país donde todo é diferente: non pode ler os carteis, os edificios e transportes son estranos, a xente vai acompañada dunha mascota como nunca antes vira ningunha, a comida tamén resulta un impedimento máis…
É unha homenaxe a todas aquelas persoas que, por unha ou otra razón, nun momento das súas vidas tiveron que deixalo todo, embarcándose hacia un destino incerto. Inmigrantes, refuxiados e exiliados son a inspiración da que se nutre este relato, donde a expresividade dos debuxos sustitúen a presencia das palabra.
Fainos reflexionar sobre o que significa irse a outro pais con outra cultura, con outro idioma e sen nada máis que a maleta, os recordos, e as gañas de sair adiante.