31/3/08
AS BIBLIOTECAS NA GUERRA
Atopamos en youtube documentais nos que se fala das vidas de aqueles que foron bibliotecarios e bibliotecarias , auténticos héroes nos tempos das Misións Pedagóxicas y da Cultura Popular.
Hoxe queremos presentarvos o documental que fala de MARÍA MOLINER, unha extraordinaria muller e bibliotecaria, que soñaba con transformar o pais coa arma máis poderosa, A CULTURA
¡Qué xente tan extraordinaria!
27/3/08
MÁIS DE POESÍA
Dende o pasado curso, a proposta de moitos de vos, convertimos o mes de marzo no Mes da Poesía.
Para celebralo decidimos encher este mes con diferentes actividades (obradoiros, recitais, concursos, exposición de libros de poesías…).
¡Grazas a todos por facernos disfrutar dos vosos escritos, lecturas e recitais durante este mes!
23/3/08
BINTA E A GRAN IDEA
11/3/08
ANA MARÍA FERNÁNDEZ

Ana Mª Fernández é outra das nosas escritoras galegas de actualidade.Cultiva a poesía, o teatro e a narración. Conta con varios libros escolares relacionados coa aprendizaxe do galego así como coa traducción de varias obras de literatura infantil ao galego. En 1977 consigue o primeiro premio do "Concurso de Contos Infantís O Facho" coa obra Os amigos do cabaceiro. Con Xoán Babarro, como colaborador, recibe tamén o primeiro premio de teatro do concurso "O Facho" de 1978, coa obra Grande invento para saír do aburrimento e os premios "O Barco de Vapor" dos anos 1985 e 1989, coas obras Primeiro libro con Malola e Barrigaverde e o dragón Achís, respectivamente.
A súa producción continúa en actividade sendo "Poemas que me contou o grilo" unha das súas últimas obras, publicada no 2007.
Hoxe invitámosvos a ler un dos seus poemas escollido por Lucía, alumna de 4ºB, do libro Pola rúa dos versos .Esperamos que vos guste.
O TRANVÍA
non ten vía;
corre, corre
e asubía
e ninguén
á casa o guía.
Sobe o monte
baixa á ría,
vai a cen
pola autovía
á busca
da sua tía
e da casa da María.
O tranvía
o tranvía
corre, corre
e asubía.
Mira que ninguén
o guía.
O tranvía.
10/3/08
GLORIA SÁNCHEZ

Hoxe querémosvos recomendar a lectura doutra escritora galega, Gloria Sánchez, algúns deles de poesía e que tamén temos na biblioteca.
Se queredes saber algo máis da escritora clicade sobre a imaxe.
Deixámosvos unha das súas poesías que seguro vos vai gustar:
O DRAGÓN, O DRAGÓN DORME NUN POZO.
LEVÁNTASE POLA ALBADA,
ALMORZA CON ENSALADA.
LOGO CORRE POLO MONTE
CON ZAPATÓNS DE DEPORTE.
¡¡ATCHUIIISSS!!
-É UN ESPIRRO BESTIAL-
SAE LUME E MOITO FUME
POLO NARIZ ANIMAL.
SAEN VOANDO OS PAXAROS,
OS RAPOSOS, CHAMUSCADOS.
AS TOUPAS NON MIRAN BEN…
¡CHOSQUIÑA ! ¡CORRE, MULLER !
E O XIGANTE DRAGANTÓN
BÁGOAS VERDES, XEME-XEME :
- ¡OU!
¡CANTA QUEIMA, CANTO MAL
POR UN CATARRO NASAL!
9/3/08
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Antonio García Teijeiro,é un dos máximos representantes da poesía galega para nenos e nenas.Xa que estamos no Mes da Poesía queremos propoñeros a lectura dalgúns dos seus libros, que xa temos na biblioteca.
Deixámosvos este poema para que disfrutedes da súa lectura.
UN RATO DÍXOLLE Á LÚA:
-“NUNCA REPARAS EN MIN,
POR ISO VIVO NA RÚA
METIDO NUN CALCETÍN.”
ELA FITOUNO ABRAIADA.
DÉRONLLE GANAS DE RIR.
DAQUELA APAGOU A LÁMPADA
E DISPÚXOSE A DURMIR.
POLO DESPREZO DA LÚA
O RATIÑO, ALPORIZADO,
BERROULLE CON MOITA FORZA:
-“XA NON ESTOU NAMORADO !”
8/3/08
8 DE MARZO - DÍA DA MULLER
¿Ata cando?
Balbina vive nunha aldea pequena moi perto de Compostela. Érguese moi cedo. Mentres Manuel e o neno durmen, ela alista os animais, prepara a pota da comida que deixará cocendo toda a mañá co lume baixiño e fai o almorzo.
Levanta ó neno e prepárao para ir á escola.
Érguese Manuel, almorza e prepara o tractor para marchar.
Botan a mañá traballando nas leiras.
Ó mediodía volven á casa. Balbina pon a comida na mesa e comen. Despois de comer, o neno marcha para a escola, Manuel vai botar unha siesta e Balbina, despois de recoller a cociña vai ó río: lava, pon a roupa ó clareo se non chove… Cando volve á casa Manuel xa se ergueu, prepáranse e van traballar a outras leiras.
Volven coa tardiña. O neno xa chegou e está xogando. Manuel aséase e vai á lareira de Alfredo, o veciño, a saber das novidades.
Balbina muxe as vacas e acomoda os outros animais. Fai de cear mentres axuda a José Manuel cos deberes. Cean todos xuntos. O neno déitase. Manuel pónse a ver a televisión e Balbina tamén, mentres repasa unhas pezas de roupa que recolleu hoxe do tendal.
Esta historia é real e tódolos personaxes tamén.
Para Balbina, e para tódalas balbinas que , mentres facían todo esto non podían abrir unha conta no banco sen o permiso do marido, nin quitar o pasaporte…. A tódalas mulleres que non pudieron votar a Constitución española porque non tiñan vinteún anos e viron como os seus compañeiros de dazaoito sí o facían.
¿por canto tempo, aínda balbinas?
(Clica na imaxe para ver o álbum)
Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade.
7/3/08
IMOS CONTAR MENTIRAS!!!
Cando teñamos unha sociedade, un planeta inequívocamente solidario, no futuro pensarán que nada disto é real.
Home e muller, ombreiro con ombreiro, sorriso con sorriso, loitando porque a atmósfera sexa máis respirábel.
6/3/08
MULLERES E ARTE
“A historia da arte
nega ás mulleres e afirma á muller”
Marián L.F.Cao (Profesora da Universidade Complutense de Madrid)Ata hai ben pouco as mulleres concretas e individuais cos seus desexos e preocupacións non aparecían nas plasmacións artísticas porque tiñan moi restrinxido o acceso como productoras de arte e non dominaban o ámbito que a sociedade patriarcal define e valida como arte verdadeira. Deste modo, as mulleres foron rexeitadas como creadoras e por tanto, a súa visión do mundo e de si mesmas case nunca foi exposta aos demais. As poucas mulleres que malia as enormes trabas acadaron importantes logros foron, en xeral, ignoradas pola Historia do Arte. Por outra banda, a arte e, na actualidade, tamén a publicidade, constrúen unha muller inventada e pouco cambiante. Prescíndese, en xeral, das mulleres de carne e oso xerando unha construcción universal que contenta as fantasías e os desexos que os homes desenvolven nunha sociedade onde a eles tamén se lles impoñen uns determinados valores tipificados como masculinos e bos. Certamente unha análise seria amosará outras produccións artísticas que non encaixarán neste esquema tan simplista. Porén, é innegable que non facer unha reflexión desde unha perspectiva de xénero é ocultar o papel que a arte ten como xustificadora de roles e constructora de conciencias.
A MULLER NA LITERATURA ESPAÑOLA ATA O SÉCULO XIX
RITA LEVI-MONTALCINI: Loitadora pola Igualdade.
Rita Levi-Montalcini, un admirable exemplo de solidariedade e de loita pola igualdade
Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade.
5/3/08
10 MULLERES DE CINE NO SÉCULO XXI

Empezaremos por ver a aquelas que se incorporan o mundo, pero pola vía da adopción e vindo de lonxe en La pequeña Lola.


inimigos da convivencia e a igualdade fan das súas en
Te doy mis ojos.

Pero como dicía unha consigna: podedes arrincar as flores, pero non impediredes a chegada da primavera. Vemos isto no mundo que se inventa a granxeira de La suerte de Emma.
Buscade estas películas nas bibliotecas, nas tendas ou mesmo nas carteleiras e gardádeas na memoria. Veredes como nuns poucos anos convírtense en documentos de vida deste 2008.
Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da IGUALDADE.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.
4/3/08
MARUJA MALLO: A Gran Tansgresora do 27


En 1928 Ortega y Gasset bríndalle os salóns da Revista de Occidente para realizar a súa primeira exposición. O debut estivo arroupado por comentarios e recensións de prensa, referendado por intelectuais e pola alta sociedade madrileña fascinada por aquelas combinacións de elementos festivos e burlescos, pola alegría da cor, as distorsionadas composicións das súas verbenas e polas atléticas mulleres que protagonizan as súas estampas deportivas.

Para saber máis:
Biografía en Cutlura galega feita pola catedrática de historia da arte contemporánea Mª Luisa Sobrino
Biografía en Wikipedia
En Ciudad de Mujeres
Entrevisa a J.L. Ferris autor da última monografía editada sobre M. Mallo
Bibliografía
GÓMEZ DE LA SERNA, R., Maruja Mallo, Buenos Aires, Losada, 1942.
MARUJA Mallo, Madrid, Galeria Guillermo de Osma, 1992
VIDAL, C., Maruxa Mallo. Vigo, A nosa terra, 1999
MARUJA Mallo, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, 2003.
FERRIS, J.L., Maruja Mallo. La gran transgresora del 27, Madrid,Temas de hoy, 2004, (Biografías).
Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.
2/3/08
MARZO, MES DA POESÍA



SE VERSOS CHE GUSTA CREAR
E NO MES DA POESÍA QUERES PARTICIPAR
ESCRÍBENOS UN POEMA,EN GALEGO OU CASTELÁN
TANTO DÁ,
ATA QUE SINTAS DESEXO DE REMATAR.
PERO TERALO QUE ENTREGARO 10 DE MARZO O MÁIS TARDAR
E UN AGASALLO HABERÁ
PARA QUEN A IMAXINACIÓN DEIXE VOAR
E COAS SÚAS PALABRAS NOS FAGA DISFRUTAR.
NA BIBLIOTECA DEBERALO DEIXAR !!!
MOCHILAS VIAXEIRAS

Este curso iniciamos unha nova actividade de fomento da lectura dentro do Proxecto Lector do Centro. Trátase das Mochilas Viaxeiras, irán de casa en casa con lecturas e películas para compartir con ilusión pais e fillos.Irán acompañadas dun Caderno no que cada familia anota o seu nome, a data en que recibe a maleta e as opinións e impresións que lle suxire o material, tamén poden ir acompañados de debuxos sobre as lecturas ou película.
Entregarémolas os venres e terán que ser devoltas o mércores da semana seguinte.