08/10/11

AS MOCHILAS VIAXEIRAS XA ESTÁN EN MARCHA




Esta semana botaron a andar as Mochilas Viaxeiras. Esta actividade xa é coñecida pola maioría das familias, pois xa levamos con ela varios anos.
Chegarán ás vosas casas cada semana co obxectivo de animar a ler en familia. Dende que comezaron a súa andadura, as mochilas viaxeiras percorreron xa un montón de casas con aportacións impresionantes das familias, que deixáchedes reflexadas nos cadernos que van nelas. Dende a Biblioteca queremos agradecervos a todos os que participáchedes con nós nesta aventura e que seguides querendo que os vosos fillos/as viaxen polo maravilloso mundo dos libros e da lectura. Agardamos que sigades disfrutando como ata agora e gustaríanos poder compartir con vós algúns deses momentos a través das fotos que nos fagades chegar ao correo da biblioteca

bibliobrey.ponteareas@gmail.com

Unha vez máis, gracias a todos por participar...