31/1/08

CHEGA O ENTROIDO AO COLEXIO BOUZA BREY



É costume no noso colexio, cando chegan estas datas , aprender coplas , inventar outras e que cada curso prepare a súa comparsa para o día do gran desfile no patio do colexio.
Todos os anos resultan moi vistosas e divertidas . Estes días, nas clases traballamos a eito, para facer os nosos disfraces .


Ademáis seguimos a tradición de obedecer ao Meco, un boneco feito de palla e vestido con roupa vella, que durante a semana antes do desfile, fainos trasnadas, facéndonos seguir as súas ordes que ás veces son moi “raras” como iso de levar unha gravata atada nunha pata!!!.


Os maiores éstanlle preparando un Xuizo, culpándoo de todo o malo que pasa no colexio, e ao final castigámolo a quedar pechado nun cuarto ata o curso que ven, a ver se mentras a cousa mellora .

Como estamos “saboreando” xa os postres típicos que imos degustar, “profes”, alumnas e alumnos, mmm!!! : orellas, filloas, flores etc. grazas á colaboración das familias que todos os anos aportan unha gran variedade de postres caseiros, axudándonos a dar a coñecer e transmitir as tradicións.

Como tamén temos alumnado de fóra de Galicia intercambiamos postres e compartimos saberes, e nunca mellor dito sabores!!.

Este ano a festa no patio e, se a choiva nos deixa, vai estar amenizada polas cancións e a música dun papá de alumnos do noso cole, Bilo, ao que toda a comunidade educativa lle agradecemos a súa amable colaboración.

A través deste blog e tamén da revista do cole “Carreiro” daremos máis información do resultado desta festa tradicional que todos os anos nos deixa moi bo sabor de boca .

DÍA DA PAZ NO COLEXIO




Onte celebramos o día da Paz . Durante o recreo na Biblioteca, estivemos vendo no Blog a través do canón, videos con cancións da Paz, coas que montamos un karaoke .

Despois baixamos ao patio e os maiores do colexio leron un manifesto explicándonos o motivo da celebración .Ademáis en nome de todas as nenas e nenos do colexio leron unhas reflexións do que significa a Paz e como debemos respetarnos.
Todas e todos cantamos o Himno da alegría.

A continuación, como novidade, tivemos a actuación de Servando Barreiro cantautor que nos contou contos solidarios,algúns dos cales xa coñecíamos dende o blog, e nos fixo cantar e bailar co son da súa concertina.

30/1/08

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ


DÍA DA PAZ

Impresionad@s polos horrores das guerras, pola manipulación da realidade que teñen feito os grandes e pequenos poderes para xustificala e pola destrución da memoria dos pobos, os ensinantes, os bibliotecarios, debemos seguir buscando co noso traballo o fortalecemento da paz e a verdade. A verdade porque somos os administradores dos materiais que conteñen todas as verdades, porque dunha información completa xorde a verdade. A paz porque o entendemento entre as persoas é a base do noso traballo; tratamos que comprendades, coñezades e aceptedes o que din outros, tentando abrir mentalidades, facilitando o acceso ás ideas expresadas ao longo dos séculos: todo o contrario do que conseguen as guerras. Por iso, colocamos a tarefa de nos opoñer a elas como o primeira e máis importante do noso labor cotián.

Un bo xeito de ir contra a guerra é divulgar a obra dos poetas que con palabras emocionantes, moito máis impactantes que as balas, fixéronlles fronte. As persoas somos unha mestura de razón e sentimento: nas grandes cuestións necesitamos alimentar o corazón tanto como a cabeza, e os poetas saben alimentar o corazón:




video

29/1/08

POLA PAZ (VII)

Mañá é o Día da Paz. Desde hai días as bibliotecas escolares galegas colaboramos pola primacía desta, tentamos lembrar á sociedade que é a palabra a que debe vencer sobre as armas, esas palabras que voan nos libros, nos poemas, que se transmiten polo diálogo e non polas armas. Cremos que é o Amor quen debe vencer ao egoísmo, a non-violencia debe vencer á violencia e a PAZ á guerra.

video

Sétimo traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ

video

27/1/08

POLA PAZ (VI)

Falamos de guerras, falamos de paz. Falamos dos nosos desexos dun mundo mellor. Fermoso sería que as armas fosen xoguetes que nunca servisen para matar. Conseguilo é o noso obxectivo.

video


Empeñados como estamos, proclamamos cada día

NON Á GUERRA

Sexto traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ

POLA PAZ (V)

A violencia nas súas diferentes formas, como manifestación do despropósito, é un dos aspectos máis notables na obra de Goya. Foron precisamente os sucesos acontecidos durante a Guerra de Independencia (1808-1814) os que deron lugar a que Goya efectuase unha reflexión enormemente crítica e innovadora sobre a guerra, sobre as súas causas, brutais manifestacións e consecuencias.

(...) Francisco de Goya, escéptico ante as xustificacións da guerra, lonxe de apoiar coa súa obra os postulados ideolóxicos dalgún dos bandos contendentes, mostra o rostro máis escuro e abxecto da guerra, o dos mortos e os seus asasinos, o dos indefensos e os seus prepotentes violadores, o dos que padecen e os dos que gozan co padecemento alleo.

(...) A sensibilidade de Goya ante estes acontecementos produciu non só a súa mellor serie de estampas, senón un monumental berro contra a violencia nas súas diferentes formas, que non recoñece xustificación ningunha, e que grazas ao maxistral do seu tratamento técnico, formal e conceptual permite ao espectador comtemplar imaxes inherentes a toda guerra.

(...) As obras de Goya de contido bélico non mostran aos heroes militares ou populares que loitaron contra os franceses, de todos coñecidos grazas ás publicacións e ás galerías de retratos gravados amplamente difundidos na España do seu tempo. Nin tan sequera preséntannos feitos concretos acaecidos en lugares determinados. Pola contra Goya móstranos, partindo de acontecementos reais, a esencia dos mesmos, a representación universal do heroísmo, a brutalidade, a fame, a deseperación, a destrución, pero sobre todo a morte. E todo iso protagonizado polo pobo anónimo, verdadeira vítima da guerra.

José Manuel Mantilla. El libro de Los Desastres de la Guerra. Francisco de Goya. Madrid, 2007, Arlanza Ediciones.




Nota: Os títulos dos gravados reproducen a ortografia orixinal de Goya
Quinto traballo colaborativo dos
Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

26/1/08

POLA PAZ (IV)

Violencia é que ainda no século XXI, os dereitos das nenas e nenos de todo o mundo seguen sen respectarse.

Pois ben, queremos achegarvos un poema de Xosé María Álvarez Blázquez, escritor que vai ser homenaxeado no Dia das Letras Galegas deste ano e que pouco a pouco iremos coñecendo ao longo do curso.

Fálanos duns nenos que teñen que vivir na rúa, da esmola da xente, e como ata a algunha xente lle chega a parecer normal esta situación tan inxusta.

Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos.
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.
E ben vos vexo andar nos vosos
coches ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas: -¡viva, beba, baba, buba¡-
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida.
-¡Non, home, non!- lle dixen a un
de aqueles
-A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes!.

Xosé María Álvarez Blázquez
(Tui 1915-1985)

Cuarto traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

24/1/08

POLA PAZ (III)

Seguindo co noso traballo en prol dun mundo mellor no que o diálogo impere sobre o armamento, hoxe achegámosvos tres propostas musicais aínda quentiñas: toda unha proposta de karaoke pacífico para reflexionar.
Solo le pido a Dios:
video
Blowing in the wind: video
Rosa de la Paz: video

Terceiro traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

22/1/08

POLA PAZ (II)

Dentro desta rede colaborativa e no noso empeño por reflexionar sobre a importancia da non violencia, aportamos hoxe o vídeo "Poemas pola Paz", unha marabillosa iniciativa que se produciu na vila de Guernica 70 anos despois de ser arrasada polas bombas en 1937, e que nesta ocasión sería bombardeada por poemas: converter a dor en arte, cambiar bombas por poesía, solucionar os conflitos con palabras

"http://www.youtube.com/v/syhFa1t_bV0&rel=1


"ALLENDE"

Para matar al hombre de la paz
para golpear su frente limpia de pesadillas
tuvieron que convertirse en pesadilla,
para vencer al hombre de la paz
tuvieron que congregar todos los odios
y además los aviones y los tanques,
para batir al hombre de la paz
tuvieron que bombardearlo hacerlo llama,
porque el hombre de la paz era una fortaleza
Para matar al hombre de la paz
tuvieron que desatar la guerra turbia,
para vencer al hombre de la paz
y acallar su voz modesta y taladrante
tuvieron que empujar el terror hasta el abismo
y matar mas para seguir matando,
para batir al hombre de la paz
tuvieron que asesinarlo muchas veces
porque el hombre de la paz era una fortaleza,
Para matar al hombre de la paz
tuvieron que imaginar que era una tropa,
una armada, una hueste, una brigada,
tuvieron que creer que era otro ejercito,
pero el hombre de la paz era tan solo un pueblo
y tenia en sus manos un fusil y un mandato
y eran necesarios mas tanques mas rencores
mas bombas mas aviones mas oprobios
porque el hombre de la paz era una fortaleza
Para matar al hombre de la paz
para golpear su frente limpia de pesadillas
tuvieron que convertirse en pesadilla,
para vencer al hombre de la paz
tuvieron que afiliarse siempre a la muerte
matar y matar mas para seguir matando
y condenarse a la blindada soledad,
para matar al hombre que era un pueblo
tuvieron que quedarse sin el pueblo.


Segundo traballo colaborativo dos Blogs das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ.

21/1/08

POLA PAZ

Os blogues das bibliotecas escolares galegas, unha vez máis, unímonos na loita do dereito primordial de todo ser humano: a convivencia pacífica. Porque sabemos que a base de toda coexistencia é o entendemento, o diálogo, o feito de saber abrir os nosos ollos e os nosos oídos para escoitar e entender, desexamos elevar as nosas voces como unha soa, un só berro unido por unha soa palabra, a palabra máis fermosa que debe reinar as nosas existencias: PAZ.E para reclamala, para pedir aos gobernos que senten a dialogar, para pedir a todo home e muller que habite sobre a face da terra que sexa quen de trocar puños e fusís por verbas e entendemento, por conmiseración e diálogo, por amizade e respecto, é polo que estamos aquí.



Dende hoxe até o día 30, lembrarémosvos que podemos vivir en paz, que só hai que crer nela, confiar nela, traballar por ela. O noso labor primordial é e será sempre ensinar respecto, democracia e educación. O noso labor é axudar unha mellor sociedade do futuro



video

15/1/08

CERTAME DE POESÍA E DEBUXO PARA A PAZ



BASES

o Poderán participar todos os alumnos e alumnas do centro

o Os textos deberán ser orixinais e inéditos

o As poesías terán unha extensión libre, con calquera número de versos e rima ou verso libre (sin rima) lema ou tema dos poemas será obrigatoriamente sobre a PAZ.

o As poesías entregaránse nun folio ao seu Titor/a ou na Biblioteca do Centro ata o 25 de Xaneiro, venres. Non se aceptarán traballos fora de plazo previsto

o Os folios coas poesías conterán o nome, apelidos e curso do autor

o Haberá un premio por participar.Os contos quedarán na biblioteca

o Tamén decoraráse o folio cun debuxo alusivo ao poema ou debuxos decorativos, tipo marcos ou cenefas.

o Todas as obras recibidas exporánse durante a Semana da PAZ. As obras presentadas leránse na biblioteca, o martes 29 de xaneiro, durante o recreo. Publicaránse no blog da biblioteca.

14/1/08

CONTOS SOLIDARIOS


Hoxe queremos da a coñecer un proxecto CONTOS SOLIDARIOS.

Dende a súa páxina web ofrécennos contos para axudar a construir un mundo mellor, de xustiza e liberdade.


Se queres coñecelos aqui tes a dirección:


7/1/08

O SORRISO DE DANIELA


Este libro de Carmen Gil, publicado por Kalandraka, invítanos a ser felices,a través dos seus personaxes, a reconsiderar a nosa forma de vida, escollendo actitudes positivas moito máis proveitosas para un mesmo e para os demais.


Daniela irradia gañas de vivir a cantos se cruzan no seu camiño, un sorriso que se transmite en cadea a todos os animais que protagonizan esta fábula.


Os seus personaxes cambian os seus complexos, o malhumor, a monotonía, o seu carácter belicoso por unha nova actitude ante a vida, con autoestima, agarimo, tenrura e simpatía.


Só a nós correspóndenos mudar a percepción da vida e ser máis felices.É difícil, pero non imposible!


"Un sorriso dura un instante pero o seu recordo pode durar toda a vida" (Anónimo)

6/1/08

DONKEY XOTE


O 5 de decembro estrenouse esta película da que os presentamos a ficha por se decidides ir a vela.

¿E se houbera outra aventura despois de que se publicara o famoso libro?

Farto da vida contemplativa que levan , Don Quixote decide acudir a unha aventura sen límites; Afrontar un novo reto do cabaleiro da Media Luna en Barcelona.

Se Don Quixote perde , deberá renunciar ao seu amor por Dulcinea para sempre, pero se é o vencedor, este cabaleiro no só lle dará todos os seus bens e posesións senón que lle revelará a verdadera identidade de tan soñada dama.

O problema nesta nova andadura, é que antes de partir debe convencer ao seu amigo e escudeiro Sancho, escarmentado pola ausencia de tesouros e illas e ao que ademáis, Don Quixote debe dous anos de alquiler. Deberá tirar de Rocinante, o seu valeroso corcel, agora retirado a unha vida tranquila coidando das súas galiñas.
Por sorte Don Quixote conta con grandes aliados dispostos a seguirlle ata o final; Rucio o burriño de Sancho, con alma aventureira e aspirante a convertirse algún día en cabalo. E James Gallo, unha mezcla entre 007 y Jackie Chan obsesionado con protexer as súas espaldas.


Pero non é nada fácil facer o papel de héroes nestos tempos, porque deberán competir con centos de Falsos Quixotes , espoleados polas aventuras do libro, deberán esquivar perigos durante a súa viaxe; falsas Dulcineas, perigosos leóns, Duques histéricos e o maior dos perigos, o misterioso Sinistro.


¿Conseguirán os nosos héroes chegar ao seu destino? ¿Obterán o que tanto desexan?


Nalgún lugar de La Mancha... empeza unha nova aventura.

Se queres ver o trailer preme no seguinte enlace
http://www.donkeyxote.com